Rematamos a primeira semana do curso co colofón final das xornadas de sensibilización.
Cada nivel fixo o seu camiño polo parque de Bonaval, parque Eugenio Granel, ruta por Galeras-Sarela-Romaño.
Camiños que se fan paso a paso, coma o curso que se inicia. Con subidas, con baixadas, con atrancos e suores... mais con paciencia e paseniño, camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar!
Unha boa ocasión para contemplar como quere ir chegando o outono!