CARREIRA PEDESTRE REMEDIOS
O domingo 27 de outubro celebrouse a 45 edición da tradicional Carreira Pedestre de Santiago. O tempo deu unha tregua e os case 3.400 corredores (entre adultos e escolares) botáronse a correr polas rúas de Compostela os 12 e 7 km do percorrido respectivamente.
O ambiente festivo, coas rúas ateigadas de xente animando e o esixente percorrido, fan desta carreira unha das máis especiais do calendario galego.
Chegar á meta na Praza do Obradoiro é o mellor recoñecemento ao gran esforzo dos participantes do noso colexio (alumnado, familias e profesorado).
Parabéns aos nosos alumn@s pola participación nesta cita ineludible coa nosa cidade.