Os rapaces e rapazas de 4º de Primaria traballamos a carta na clase, e cada un de nós escribiu unha para poder enviala.
Metímola no sobre e só tocaba agardar a ir ás oficinas de Correos, onde nos explicaron moitas curiosidades...
Cada semana fabrican un selo novo e existen de todo tipo: diferentes cores, troquelados, de madeira e mesmo de sabores!
En Correos ademais de visitar as instalacións, puidemos poñer o noso selo para enviar a carta ás nosas casas.
Agora agardamos a que o carteiro veña!