A APRENDIZAXE DESDE AS EXPERIENCIAS VITAIS
A bioloxía humana, currículo de 3° ESO dá moito xogo para que o proceso de ensino-aprendizaxe se encamiñe cara situacións de aprendizaxe diversas.
Alicia, profe en prácticas no noso colexio, foi a convidada especial que tivemos hoxe na aula para aprender con ela sobre a CELIAQUÍA.
Compartindo co alumnado as súas experiencias vitais, conseguiu que fixeran un exercicio de empatía poñéndonos na pel destes doentes.
Analizamos os nosos menús e modificámolos para poder convidala a xantar garantindo unha dieta sen GLUTE.
Estas situacións de aprendizaxe removen a nosa mente mobilizando os coñecementos que se van construindo.
Deste xeito facémonos máis competentes!