Hoxe os alumnos de 3° da ESO fixeron unha visita ó Tribunal (TSXG) enmarcada no programa " Educar en Xustiza".
O obxectivo deste programa é coñecer de preto como funciona o sistema xudicial do mellor xeito posible: ver como traballan xuíces, fiscais e avogados defensores.
Neste caso a xuíza María Elena Fernández Currás, que presidía a Sala do Penal n° 2, foinos informando brevemente de cada caso.