Un ano máis, Escolas Católicas de Galicia convoca o XIV Festival de Panxoliñas. E como non íamos a participar?
Puxémonos, coa nosa profe Chus, a preparar a nosa canción: “Diante da porta” con moita ilusión. Só a uns días de celebrarmos o Nadal, este querido encontro é un dos máis importantes para nós. Un festival que non parou nin en pandemia.
Este ano participamos once colexios de toda Galicia, cantando ao Nadal con composicións populares propias da nosa terra, que celebran o nacemento do Neno Deus.
É o espírito do Nadal o que nos xuntou este venres en Santiago.
GRAZAS, con maiúsculas, aos intérpretes, ao profesorado acompañante e ás familias.
Ao final do festival, no que todos resultamos gañadores, ofrecéronnos un riquísimo chocolate con churros!!!
Desfrutamos moito do festival e agardamos voltar na vindeira edición.