Na mañá de hoxe e co fin de achegar as vocacións científicas ao alumnado de 3° e 4° de ESO, tivemos entre nós a Sara González.
Enxeñeira química e membro da nosa comunidade educativa xa que é nai do cole.
Fíxonos caer na conta das barreiras que poden ter as mulleres para facer carreira investigadora e aínda así, do lonxe que poden chegar dentro das disciplinas STEM, para mostra: ela mesma.
Moitas grazas Sara pola túa dispoñibilidade e por abrirnos os ollos de cara ao noso futuro académico e profesional.
E xa de paso, ao noso compromiso como consumidores coa pegada do carbono e a pegada hídrica!