PROXECTO ECO-BOSQUE 6º PRIMARIA

  • 21 de febreiro de 2025

PROXECTO ECO-BOSQUE 6º PRIMARIA

Seguimos limpando o noso monte!

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de 6° de primaria.

Despois dun agradable paseo ata o Banquete de Conxo, colaboramos na Campaña de Eliminación da Planta Invasora Tradescantia na área do Proxecto Eco-Bosque.

Concienciámonos no coidado do medio ó mesmo tempo que nos divertimos e poidemos ver animais, que apareceron sen contar con eles, como a toupa, as miñocas e os caracois.

Mentres pasabamos a mañá arrincando esta planta invasora tamén cantamos e rimos.

Unha mañá moi divertida e diferente que desfrutamos moito.

Noraboa pola vosa implicación, rapaces!





@cole_remedios tweets