Escolas Católicas de Galicia organiza, con motivo do Nadal, un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar primordialmente entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, tan típicos da nosa cultura, en idioma galego.
O Colexio Plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios participou cun grupo de rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria e acadou o PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN EN PRIMARIA coa panxoliña: Bendecindo o teu ollar. O festival tivo lugar o venres 15 de decembro no salón de actos de La Salle. Foi unha experiencia fantástica subirse ao escenario para atoparse cun auditorio cheo de xente. Xa podedes escoitar na páxina web a actuación no festival.
Noraboa aos alumnos participantes así como ao profesor Brais polo traballo realizado.
Unha representación do colexio acudiu a cadena COPE para realizar unha entrevista. Podedes escoitala no seguinte enlace:
http://www.cope.es/noticias/santiago/festival-panxolinas-cope_165701