Volvemos destas vacacións estreando a Coresma. Este tempo é o camiño que temos que andar pacientemente para recibir con ledicia o tempo de Pascoa.
No colexio preparámolo con celebracións penitenciais e coa eucaristía: sacramentos do perdón e da mesa en comunidade que recrea e que namora.
Axudarannos a caer na conta de que hai cousiñas que podemos pulir para unha mellor versión de nós mesmos.
Convidámosvos a percorrer este camiño de mellora para achegarnos ao Deus de Xesús que tanto nos quere.