SEMANA DEPORTIVA SOLIDARIA

  • 31 de marzo de 2025

SEMANA DEPORTIVA SOLIDARIA

SEMANA DEPORTIVA SOLIDARIA

Despedimos o mes de marzo nesta tarde solleira, ao tempo que inauguramos a semana deportiva solidaria.

Catuxa Codesido, ex alumna do colexio e actual presidenta da Federación Galega de Squash aconsellábanos no seu pregón inaugural, a practicar deporte para o noso benestar non so físico, senón tamén emocional e social.

A antorcha, creada pola nosa ARTISTA OLÍMPICA: a profe Charo, rulou desde infantil ata os maiores do colexio cun pequeno percorrido pola contorna do colexio.

Campionato de bádminton para os maiores da eso, brilé (1°ESO) e achegamento ao squash (2°ESO) nas dúas pistas inchables que nos brindou a federación, un deporte interesante que moitos descubriron.

Seguiremos coleccionando máis xornadas coma a de hoxe, sen perder de vista o foco: toda a solidariedade posta en escea detrás do xogo e do deporte.

https://www.facebook.com/share/v/1BzVcJNF2h/





@cole_remedios tweets