VISITA AO CIF POLITÉCNICO DE SANTIAGO - 4ºESO

  • 01 de abril de 2025

VISITA AO CIF POLITÉCNICO DE SANTIAGO - 4ºESO

 

O alumnado de 4º da ESO tivo hoxe a oportunidade de visitar o CIFP Politécnico de Santiago un centro unicamente de FP. Esta visita está enmarcada nas actividades do Departamento de Orientación encamiñadas a orientar ao noso alumnado das posibles saídas académicas unha vez rematada a ESO.

Nesta xornada de portas abertas, organizada polo CIFP, e coa información do profesorado e alumnado do centro, puidemos coñecer de primeira man as distintas familias profesionais que alí se imparten: química, madeira moble e cortiza, instalación e mantemento, transporte e mantemento de vehículos, fabricación mecánica… tanto no grado medio como no superior.

Este ano ademáis tivemos a ocasión de experimentar o proceso de soldadura. Eso sí, a través da realidade virtual.

Moi interesante foi saber que a formación non remata co ciclo escollido, xa que para aqueles que teñan o valor de emprender, o centro conta cun pequeno viveiro de empresas para comezar a camiñar no mundo empresarial.





@cole_remedios tweets