Esta foi unha mañán ben diferente para o alumnado de 6° de primaria.
Por equipos, fixemos unha ximkana de vinte probas a superar por toda a zona vella da nosa cidade.
Tiveron que descubrir as casas máis antigas, xogos populares tallados na pedra, os calexóns máis estreitos, as marcas de propiedade dos antigos canteiros e propietarios, gárgolas e moito máis...
Fixérono de marabilla e coñeceron moitos segredos da nosa cidade, ao tempo que paseaban polas rúas e prazas da zona vella máis bonita do mundo.