Hoxe desfrutamos da excursión de fin de curso os máis peques do cole, educación infantil. Visitamos a granxa escola “Fervenzaventura” en Silleda. A pesar de que o tempo non acompañou, non nos frenou nesta aventura na que fixemos pan, prantamos leitugas e coñecimos unha chea de animais. Tan ben aproveitamos o tempo que máis dun non puidemos evitar botar unha cabezadiña de volta á casa. Outra nova experiencia que gardar no noso peto de recordos.