Onte na noitiña un grupo numeroso do alumnado de 4° ESO estivo colaborando coa organización desta emblemática carreira pola zona vella de Santiago.
Merecedores de recoñecer a súa implicación e o seu traballo de xeito altruista, a pé quieto durante moitas horas na entrega de dorsais, no servizo de gardarroupa e repartindo medallas e avituallamiento.
Este ano, na súa IX edición, esta carreira contou ademais cun circuito para a categoría escolar. Alí quedou a pegada dos deportistas dos Remedios, todos os participantes, que non foron poucos, atravesaron o arco de meta e conseguiron a súa medalla. Pero grazas á motivación e empeño do profesorado de educación física do colexio, fixemos podio!
Trofeo ao 1° EQUIPO NON FEDERADO e EQUIPO MÁIS NUMEROSO, ademais dun terceiro clasificado en categoría sub-18: Xosé Xoel Barbazán de 4° ESO, moitos parabéns!
Cando mesturamos os valores que infunde o deporte, o voluntariado e a festa, nun enclave como a Praza do Obradoiro, o resultado final non pode ser mellor!
Moitos parabéns campións!