Este vernes, o alumnado de 4° ESO, tivemos a honra de asisitir á clausura do Proxecto de Apredizaxe e Servizo MICROMUNDO no Salón Nobre de Fonseca.
Foi unha oportunidade que cambiou a nosa forma de ver a ciencia.
Aprendemos moitísimas cousas, tanto no acto coa charla sobre os fagos e a importancia dos antibióticos, como na práctica, onde obtivemos resultados excepcionais, contribuíndo co noso grao de area neste problema, ao tempo que nos concienciamos da importancia dos antibióticos e de cómo sen eles a nosa vida podería verse gravemente perxudicada.
Agradecemos á decana de Farmacia e ao decano de Bioloxía a súa presenza. Cabe tamén destacar o labor da profesora Sandra Sánchez Poza que coa súa implicación fixo posible a nosa aprendizaxe así como a disponibilidade e amabilidade dos alumnos de farmacia que nos axudaron no proceso.
Noraboa a todos os alumnos polo esforzo e empeño en levar adiante esta experiencia marabillosa sempre coa axuda inestimable de Yolanda, a nosa profe de bioloxía que nos motivou para aprender disfrutando fóra da aula.
Deixamos o testemuño para os próximos alumnos de 4° aos que lle recomendamos participar neste tipo de iniciativas.
Sara Casás Fraiz