O luns 18 os alumnos de 1º e 2º de ESO tivemos o encontro co animador do Plan lector Provincial.
Foi un encontro moi divertido e entrañable onde a imaxinación viaxou ao futuro para explorar como sería o noso día sen libros en papel e como solventabamos o problema. Ademais, tomamos conciencia de como pode ser a vida nos suburbios dunha cidade e o duro que pode ser para unha familia acudir a comedores sociais. Todo isto a través dos comentarios dos libros 2083 de Vicente Muñoz e El maestro oscuro de César Mallorquí.
O martes, os alumnos de 3º e 4º fixeron unha exploración histórica, viaxaron á época dos celtas e tamén á época dos emperadores romanos da man de César Mallorquí con A fraternidade de Eihwaz . Mentras o alumnado de 4º de ESO mergullouse na historia dunha rapaza cuxa familia foi marcada pola guerra e o exilio que nos amosa como nunca podemos fuxir do pasado , tanto fisica como emocionalmente. Esta experiencia puidérona vivir grazas á obra La tumba de Aurora K.