Receita de outono no cole!
Hoxe, o alumnado de 2º EP, elaboramos unhas deliciosas galletas de cabaza, perfectas para esta época do ano. Primeiro traballamos a receita na aula, lendo e comprendendo os pasos, os ingredientes e as medidas.
Despois puxémonos mans á obra: fixemos dúas versións, unhas con ovo e outras sen ovo, para que todos puidesen probalas.
O mellor de todo… o arrecendo e a degustación final!