Hoxe tivemos o pracer de compartir unha interesante charla dirixida ás familias e organizada desde o Departamento de Orientación, na que falamos sobre o Benestar emocional na familia e a importancia de coidar as relacións e a comunicación.
Moitas grazas a todas as familias pola súa participación e a Teresa, do Centro Quérote+, pola súa intervención tan enriquecedora.