O alumnado de 2º de Primaria converteuse en auténticos reporteiros e reporteiras na materia de Sociais. Saímos ás rúas do barrio para facer entrevistas nos comercios da contorna: panadaría, cafetería, xoguetería…
Con moita curiosidade e ilusión, descubrimos como é o día a día das persoas que traballan preto do noso cole.