O alumnado de 3º da ESO participou hoxe nun obradoiro sobre sexualidade impartido polo centro “Quérote +” de Santiago, un servizo da Xunta de Galicia dirixido á xuventude, familias e profesionais do ámbito xuvenil.
Falouse sobre o que é a sexualidade, as fontes de información que usan os mozos e déronse pílulas de educación sexual para fomentar relacións saudables, respectuosas e responsables.