CHARLA SOBRE ACOLLEMENTO FAMILIAR
Na tarde de hoxe, durante a sesión de titoría, o alumnado de 3° e 4° de ESO tivemos con nós a Silvia, nai de familia acolledora que nos agasallou co seu testemuño.
Exemplo de xenerosidade poñendo a súa vida ao servizo do outro, regalando fogar e familia como alternativa a tantos nenos e nenas que están en centros de menores.
Unha experiencia sublime do valor do COIDADO que este ano, dun xeito especial, estamos a fomentar.
Cada xesto conta e as familias acolledoras están sumando sempre nas vidas de quen máis o precisa.
Moitas grazas Silvia, a vosa experiencia de familia chegounos ao corazón!