A excursión de 4º de Primaria ao Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (Belvís) para coñecer o mundo dos fungos e dos cogumelos foi todo un descubrimento. Aprendemos cousas sorprendentes sobre este reino tan curioso e pasámolo xenial observando diferentes especies.
A experiencia foi súper enriquecedora e deixounos con ganas de seguir explorando a natureza. Ademais, a gran sorte foi que puidemos traer connosco unha mostra representativa destes fungos que trataremos de coidar con esmero e paciencia!
Grazas, Nuria, pola túa implicación e por facer que a saída fose tan especial!