Hoxe celebramos unha xornada moi especial no cole. A coincidencia do Día do Neno co Día do Pixama recórdanos que todos os nenos e nenas teñen dereito a sentirse protexidos e acompañados.
Os pixamas simbolizan o fogar e axúdannos a dar visibilidade ao importante labor das familias de acollida, que ofrecen un lugar seguro a quen máis o necesita.
Grazas a todas as familias por sumárense e por facer desta celebración un momento tan cálido e cheo de sentido.