VISITA AOS XULGADOS 3ºESO

  • 04 de decembro de 2025

VISITA AOS XULGADOS 3ºESO

 

Hoxe o alumnado de 3 ESO fixo unha visita aos xulgados, presenciaron varios xuízos e falaron co xuíz, fiscal e avogadas.

Tamén visitaron as celas e a habitación onde se realiza a rolda de recoñecemento e puideron preguntar á policía as súas dúbidas.

Queremos agradecer o excelente trato, a atención recibida por todas as persoas, con especial mención á xuíza decana pola súa cercanía co alumnado así como pola incidencia en trasladar a importancia da xustiza como garante da dignidade de todas as persoas.





@cole_remedios tweets