Hoxe celebramos o Festival de Nadal de 1º e 2º de Educación Primaria. Foi unha xornada moi especial, chea de ilusión, música e sorrisos, na que o alumnado amosou todo o seu traballo e entusiasmo.
Queremos agradecer de corazón ás familias por acompañarnos e compartir con nós este momento tan bonito. Grazas pola vosa presenza e apoio constante.
Bo Nadal!