FESTIVAL NADAL 3º-4-5º-6º E.PRIMARIA

  • 19 de decembro de 2025

FESTIVAL NADAL 3º-4-5º-6º E.PRIMARIA

O festival de despedida de ano converteuse nunha auténtica celebración chea de música e ilusión. Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria subiron ao escenario con entusiasmo e moitas ganas de compartir o seu traballo.

Aínda que nun primeiro momento estaba previsto levar as cancións ás persoas maiores das residencias, a gripe fixo das súas e obrigou a cancelar a visita. Lonxe de apagar o ánimo, esta circunstancia transformou o festival nun encontro cheo de calor, sorrisos e complicidade.

Da man do profe de música Brais, os rapaces interpretaron unha fermosa selección de músicas do mundo, viaxando por distintos ritmos e culturas sen saír do cole. Foi unha mañá na que a arte e a ledicia camiñaron xuntas, pechando o ano cun aplauso longo e sincero.





@cole_remedios tweets