Hoxe o alumnado de 4º de Primaria visitou o Parlamento de Galicia, participando nunha actividade moi dinámica e enriquecedora. Durante a visita convertéronse en deputados e deputadas por un día, o que lles permitiu poñer en práctica contidos traballados na aula sobre a democracia, o funcionamento das institucións e a importancia de ser conscientes das decisións que se toman. Algúns deles incluso se animaron a propoñer algunha lei, facendo da experiencia unha vivencia moi motivadora e significativa.