O mércores 21 de xanerio de 2026 os alumnos de 4º ESO da materia de Latín participaron nos “Ludi Compostellani” na Facultade de Filoloxía… e xa van aló 9 edicións @SEECGalicia, @facultadefiloloxiausc!
Nestas xornadas alumnos de 3º ciclo de Primaria, alumnos de ESO das materias de Cultura Clásica, Latín e Xeografía e Historia xunto a alumnos de Bacharelato de moitos centros de Galicia participan en obradoiros que lles acercan un pouco máis á vida na Antiga Grecia e Roma.
Actividades sobre escritura antiga, danza grega, hixiene, xogos, mosaicos, moda clásica, medicina… todos eles coa participación de alumnos de BAC e de Filoloxía Clásica como anfitrións.
Os nosos alumnos xogaron a unha versión moi latina do “Uno” aprendendo expresións latinas, déronno todo aprendendo a bailar o sirtaki (menos mal que ía o noso profe de E.F. para animarnos... Grazas, Viti!) e até crearon os seus perfumes naturais con prantas aromáticas e mesmo probaron que era isto das “latrinas” (aseos sen portas nen tabiques de separación, sen papel hixiénico. Toda unha experiencia!
)
Tamén asistiron a un espectáculo que recreaba as loitas de gladiadores a cargo da asociación Gallaecia Viva.
Unha forma diferente de aprender sobre o mundo clásico e sobre o romano en especial.