Hoxe por primeira vez vimos as nosas placas petri ateigadas de microorganimos que medraron nos distintos medios de cultivo empregados. Non todas as colonias son iguais, por iso na tardiña de hoxe aillamos as distintas especies diferentes que puidemos identificar.
Desta volta tanta chuvia e tanta borrasca seguida parece que non lles gusta moito ás bacterias xa que non medraron tanto como esperabamos nin hai unha gran variedade.
Pero facer ciencia é así, que as cousas non saian todo o ben que quixeramos tamén son resultados!
P.D: Velaí vai unha foto da nosa equipa MICROMUNDO NSR 2026 cos estudantes de farmacia que nos acompañan nesta apaixoante aventura!