SAÍDA AO GADIS 3ºEP

  • 05 de febreiro de 2026

SAÍDA AO GADIS 3ºEP

 

Hoxe o alumnado de 3° de Primaria fomos ao Gadis a aprender moitas cousas sobre como mercar con cabeza para levar una dieta saudable.

Mostráronos como elixir a froita de tempada e de proximidade para deixar menos pegada de carbono, tamén como distinguir o peixe azul do branco e o de pincho do de arrastre. Adriana tamén nos explicou cómo mirar a procedencia dos productos e as etiquetas e que os envases de vidro son mellores que os de plástico.

Ao final déronnos unha mochila con froita, auga e un prato que ten debuxado o menú saudable.

Pasámolo xenial!





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets