Onte as nosas aulas de primaria enchéronse de cor, imaxinación e fantasía, convertendo cada recuncho nun espazo máxico onde os contos cobraron vida.
Aínda que o tempo non o permitiu e non puidemos saír a facer o noso pasarrúas, celebrámolo igualmente dentro do centro, coa mesma ilusión, alegría e ganas de gozar que sempre nos caracterizan.
Porque cando hai entusiasmo, creatividade e sorrisos… a festa está asegurada!