PATINANDO SOBRE XEO

  • 19 de xaneiro de 2018

PATINANDO SOBRE XEO

O pasado mércores 17 de Xaneiro, os alumnos e alumnas de 4º da ESO, acudimos  á pista de xeo na alameda de Santiago.

Esta actividade enmarcada dentro do departamento de Educación Física e Titoría, xa se converteu nunha cita  ineludible que todos os cursos retomamos con moitas gañas e ilusión de pasar unha mañá divertida, facendo actividade física, poñendo en práctica as nosas habilidades cos patíns e convivindo cos compañeiros e titores.

A pesar das baixas temperaturas do xeo, os  xiros, freadas, caídas, empurróns, bolas de xeo voando ….foron a tónica xeral que “quentaron” os momentos máis divertidos desta xornada.

Obxectivo cumrpido!!!...actividade deportiva, lúdica, e de convivencia…que ben valen unhas cantas “cuadas”, unha molladura e unhas maniotas que seguramente nos acompañarán o resto da semana.

 





@cole_remedios tweets