BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

  • 16 de marzo de 2026

BECAS FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

 

Os nosos alumnos de 4° ESO, Ximena Vilela e Rodrigo Santamaría veñen de pasar esta fin de semana en Madrid desfrutando de sesións de orientación para empaparse da cultura americana.

Foron seleccionados para cursar 1° de Bacharelato nos EE.UU cunha beca Amancio Ortega.

Que das 80 becas que se conceden a toda Galicia, que dúas estean na mesma aula no noso colexio, non pode ser máis que un orgullo e un honor para todos nós: colexio e familias.

Desexámosvos que sexa unha experiencia ateigada de éxitos e sobre todo unha aprendizaxe para a vida.

Sabedes que estaremos desexando que nos veñades contar como vos foi!





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets