Esta foi unha semana diferente, deixamos as tarefas da clase a un lado, e lanzámonos a aprender da nosa contorna.
Fixemos talleres de escritura creativa, para que a nosa imaxinación voe sobre o papel, creando personaxes e historias...
En Belvís descubrimos a faceta sensorial das plantas, algunhas ademais de ulir moi ben...tamén nos falaron.
Atopamos as sete portas da antiga muralla de Crescencio e soubemos da súa historia.
Tamén disfrutamos dunha obra de teatro representada polos
“avós” de AGADEA...e tempo extra de xogos e diversión.