ISABEL
Inxeniosa
Soñadora
Amable
Boa persoa
Entusiasta
Leal
Esta é a nosa profe e compañeira Isa.
Hoxe está de estreo, comeza unha nova etapa na súa vida e pecha a súa faceta de mestra de primaria. Foron moitos os alumnos e alumnas que pasaron polas súas xenerosas mans, aprendendo non so contidos, senón tamén os valores inherentes á súa persoa.
A súa amabilidade, o seu bo carácter e o seu sorriso permanecerán sempre entre todos os que te tivemos como mestra e compañeira.
Mereces o mellor Isa, desexámoste unha xubilación xubilosa, moita saúde e un merecido descanso!
Agardamos as túas visitas porque nas Orfas n° 5, segues a ter a túa casa!