Xa estamos no Nadal, onde todo nos fala de calor, tenrura, paz, amor e SERVIZO. Iso é o que desexamos vivir toda a Comunidade Educativa e pedimos para todas as familias Bo Nadal e Aninovo 2018.
Como sabedes por experiencia, os últimos días, son moi intensos en acontecementos. O martes, día 19 de decembro, tivo lugar o Festival de Nadal para para o 1º e 2º Curso de Educación Primaria ao cal acudiron as familias dos alumnos destes cursos. O mércores, día 20, tivemos o Festival de Nadal para Educación Infantil ao cal tamén acudiron as familias dos alumnos.