Novas

BO NADAL E ANINOVO 2019

Que a luz do Nadal brille nas noss vidas e faga renacer en nós os mellores sentimentos de ESPERANZA, PAZ e AMORIso é o que desexamos vivir toda a Comunidade Educativa e pedimos para todas as familias Bo Nadal e Aninovo 2019.

22 decembro

COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO

O xoves 20 de decembro celebramos o día da COMUNIDADE EDUCATIVA completamente representada por comunidade de fillas da Caridade, claustro de profesores, alumnos, exalumnos, familias, persoal de administración e servizos e AMPA que tamén organizou varias actividades para os alumnos.

 

21 decembro

PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN VIII FESTIVAL DE PANXOLIÑAS ESCOLAS CATÓLICAS

Escolas Católicas de Galicia organiza, con motivo do Nadal, un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar primordialmente entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, tan típicos da nosa cultura, en idioma galego.

20 decembro

FESTIVAIS NADAL 2018

Nestas datas sempre celebramos o festivais no colexio das diversas eatpas. O martesdía 18 de decembro, tivo lugar o Festival de Nadal para para o Educación Infantil ao cal acudiron as familias dos alumnos destes cursos. O mércores, día 19,  tivemos o Festival de Nadal para os 1º, 2º e 3º Cursos de Educación Primaria ao cal tamén acudiron as familias dos alumnos.

19 decembro

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Un ano máis a comunidade do colexio abraza a axuda aos máis necesitados nestas datas tan especiais.

17 decembro

A CARTEIRA REAL VISITA ÁS NENAS E NENOS DE INFANTIL

Esta mañá os ollos e as bocas da nosa cativada abríronse ata máis non poder cando viron quen entraba .......

13 decembro



@cole_remedios tweets