Esta semana, os nosos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria estrearon as novas tablets do colexio para facer un traballo de Ciencias Sociais.
O pasado día tres de novembro os alumnos e alumnas de cuarto,quinto e sexto curso de Educación Primaria asistiron ao auditorio de Abanca para ver a obra de teatro “ Laberinto”.
Como todos os anos o alumnado da ESO realizou a saída de convivencias. Este ano os catro cursos tiveron unha experiencia espititual, agraria e artística.
O pasado domingo 29 de outubro, como cada ano, e xa van uns cantos, os/as alumnos/as do noso colexio foron fieis coa cita da presente edición da carreira pedestre popular de Santiago, organizada como todos os anos polo diario “El Correo Gallego”.
O martes 31 de outubro os alumnos de 1º, 2º, 3º de Educación primaria celebraron o Samaín. Foi unha tarde diferente, na que os alumnos xunto cos profes, disfrazáronse e realizaron diferentes talleres e actividades ( xogos populares, talleres de baile e de comida).
O pasado martes día 24 de outubro, tivo lugar no salón de actos do colexio Ntra Sra dos Remedios, a entrega de diplomas dos exames da Universidade de Cambridge a todos os alumnos YOUNG LEARNERS (Starters, Movers, Flyers), KET, PET e FIRS ainda que Non todos os alumnos puideron asistir asistir ao acto.