Querida comunidade educativa,
Encantounos o voso vídeo e dende as nosas casas, os alumnos e familias tamén queremos burlar o confinamento e facervos chegar os nosos ánimos e forzas para vencer esta situación.
Na distancia pero preto, non tan lonxe, senón baixo o mesmo ceo. Nas nosas casas pero convosco: FAMILIA REMEDIOS.
Compartindo a ESPERANZA de que pronto volveremos.
Co desexo de que a saúde continúe a ser a nosa compañeira máis prezada nestes momentos tan delicados, poñémonos en comunicación con vós para trasladarvos as últimas instrucións recibidas desde a inspección educativa para o remate do segundo trimestre e o inicio do seguinte.
O vídeo amósanos a instalación da conta de correo OUTLOOK e como vinculala á plataforma EDUCAMOS paso necesario para que outras aplicacións funcionen correctamente como TEAMS.
http://www.colexiodosremedios.com/media/uploads/1584438095_INSTRUCCIONES PARA ALTAS DE USUARIO ESTUDIANTE.pdfEstimadas familias:Empezamos a semana ante un novo reto educativo, trátase de facer o seguimento académico e de titoría dos nosos alumnos de forma telemática. Como xa ben sabedes, as últimas instrucións recibidas por parte do goberno autonómico son que o profesorado non asistirá ao centro, so haberá presenza dalgún membro do equipo directivo.