A riqueza dunha persoa é o seu legado. Tras o pasamento e uns días de moita dor , a nosa Susan foi aparecendo no colexio, nas lembranzas do seu sentido do humor, anécdotas, ... Algunhas delas materializáronse en escritos e debuxos do alumnado e compañeiros que ilustran todo o que significa para nós.
Neste vídeo podedes ver como viviu a experiencia o alumando de 4º ESO.
Este ano o autor que honramos é a Florencio Delgado Gurriarán. Sendo as referencias da nosa literatura moi importantes, non debemos esquecer que a lingua é algo vivo, non unha peza de museo. Se realmente queremos galego, se o sentimos como propio, falémolo!! Porque de nós depende , como dixo outro gran autor que a lingua galega teña, " mil primaveras máis !!"