O pasado 28 de Febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de asistir no Auditorio ABANCA á representación da obra A nena e o grilo nun barquiño.
Alumnos e profesores participamos o pasado xoves 22 de Febreiro no día de xaxún voluntario pertencente a un proxecto anual de Mans Unidas, Como todos os anos o noso colexio participa co xantar dun bocadillo solidario.
O venres 23 de febreiro, acudimos a El Corte inglés de Santiago a ver un espectáculo de títeres. Da man da narradora e titiriteira Larraitz Urruzola coñecimos parte da obra Rosaliana e algún dos mementos da vida desta insigne artista galega.