
O ritmo da sociedade actual e os cambios no mundo laboral fan cada vez máis necesaria a oferta de servizos educativos que complementen aos existentes. Entre todos eles destaca, pola súa importancia no desenvolvemento da vida familiar e da propia educación e formación dos nosos alumnos, o comedor escolar. No noso caso con cociña propia.
Pensamos neste servizo como un espazo educativo importante, onde os nosos alumnos practiquen hábitos alimenticios e normas de comportamento na mesa; é dicir, como parte fundamental dunha educación en valores. Así mesmo, a realización de diversas actividades nas nosas instalacións permiten: patio para xogos diversos, talleres (actividades extraescolares), salón de actos e vídeo, estudo dirixido...) fará posible a atención completa do alumno despois da comida, permitindo así que toda a xornada escolar transcorra dentro do centro.
Prezos comedor:
Consultar en secretaría
Dossier informativo:
O menú escolar está deseñado pola empresa Nutricoles, a cal conta cunha traxectoria contrastada e con nutricionistas especializadas en idades da rapazada en etapas infantil, primaria e adolescencia. Para consultar máis información sobre a empresa e a elaboración de menús poden consultalo no seguinte Dossier premendo "Descargar Dossier"
Descargar Dossier (Empresa Nutricoles)
Menú escolar:
Expoñemos a continuación o menú escolar que tomarán o alumnado que decida quedarse ao comedor durante o curso escolar, esperando que lles sirva de axuda á hora de elaborar o resto das comidas na casa, e axudándolles desta maneira, a elaborar unha dieta sa e equilibrada. Hai menús alternativos (sen glute, sen lacteos, sen ovo, sen peixe nin marisco, musulmán) Para consultar estes menús prema en "Descargar Menú" en formato pdf.
Descargar Menú (outono - inverno) A partir do 21 de outubro ata 30 de marzo
Descargar Menú (primavera- verán) A partir do 31 de marzo ata 20 outubro
