Os alumnos de 1° e 3° de ESO asistiron a un percorrido polos distintos xéneros musicais a través de distintas épocas da man da compañía de títeres Alakrán. Comezaron pisando forte da man de Jimmi Hendrix e o seu rock máis duro, pasaron polo folclore andaluz da man do mestre Camarón; relaxáronse cun Aria da soprano Montserrat Caballé; degustaron unha fermosa peza de jazz de Diana Krall...
Un sinfín de artistas e boa música amenizada pola intervención de Borja e os seu monicreques. Grazas a ANPA por agasallarnos con actividades tan divertidas e onde se aprende a valorar a música e as artes escénicas.