Hoxe fomos ao Centro Don Bosco a participar nuns talleres da Campaña de Sensibilización : A nena que daba pasos.
Hoxe 3° de ESO pasamos da teoría á práctica. Descubrimos o mundo do laboratorio: Laboratorio de Plásticos, Laboratorio de Química e Laboratorio de Láser.
Hoxe, os alumnos e alumnas de cuarto, desafiamos á choiva e saímos do cole para celebrar a Festa da Lingua no salón do colexio La Salle.
Os alumnos de 4º de ESO da materia de Bioloxía participan no acto de clausura do proxecto SWI no salón noble de Fonseca. Tanto o colexio coma cada uns dos alumnos recibían un diploma acreditativo pola participación neste programa de aprendizaxe servizo organizado pola Facultade de Farmacia da USC.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de Ed. Infantil e 1º de Educación Primaria participaron na XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Actividade de “Contacontos” no Centro Abanca Obra Social na Praza de Cervantes.